O
Ateneo Ferrolán xa ten a programación para a proxección os días 21, 22 e 23 de Decembro das
IX Xornadas de Mostra de Curtametraxes. Nestes días amosarán curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.
Segundo informan no Ateneo Ferrolán "O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade."
Entre as oito producións galegas seleccionadas figuran O LABIRINTO ARIO de Alfredo Pardo e a tamén chantadina AS ALMAS DO FENTAL de David Vázquez. As curtas galegas proxectaranse o Luns día 21 de Decembro ás 19:00 horas.