Manuel Carballal |
|
O xornalista de investigación, escritor e criminólogo Manuel Carballal, xa pertence ó club do LABIRINTO. Dende mediados dos anos 80 inicia unha carreira de investigador imparable ata hoxe. Programas de Radio, Enigmas, Dimensión Cero, Mundo Misterioso, La Sombra del Espejo e La Rosa de los Vientos; en televisión Mundo Misterioso e Los Expedientes X Españoles; colaborador habitual de revistas especializadas coma Karma-7, Año Cero, Más Allá de la Ciencia o Enigmas del Hombre y el Universo.
Dende 1993 edita EL OJO CRÍTICO, unha publicación escéptica especializada en sectas, fraudes paranormais e crímenes rituais. Hoxe con máis de dez libros publicados, Manuel Carballal orientouse especialmente nos servizos secretos, as sectas e os fraudes paranormais. Ademáis ten o blog EL ARCHIVO DEL CRIMEN –Las creencias como factor criminógeno-, unha páxina destinada a profesionais ou interesados na investigación xudicial, policial e/ou criminolóxica.
No número 63 do Caderno de Investigación EL OJO CRÍTICO, sae unha crítica do filme O LABIRINTO ARIO, onde “de hecho nos atreveríamos a decir que Alfredo Pardo, su director, ha sabido materializar en imágenes, la historia que hizo soñar, durante 30 años, a los seguidores del affaire UMMO en todo el planeta, añadiendo algunos ingredientes de su cosecha, como la presencia del mismísimo General Franco, y Adolf Hitler, en la trama de su película. Ritos satánicos incluídos….” “…convirtiendo este mediometraje en un documento merecedor de un lugar de honor en el folclore ummológico internacional”. |
| |
| |
|
|
Portada do libro "Los Expedientes Secretos"
|
|
Adicatoria de Manuel Carvallal
|
|
Artigo do Nº 63 de El Ojo Crítico
Descargar o artigo » |
| |