O responsable gráfico do cartel da curta O LABIRINTO ARIO é Pedro Vera (San Pedro del Pinatar, Murcia, 1967). Na súa máis tenra infancia empezou a ler Mortadelo e Filemón, pero son os cómics Vampus e Rufus os que lle marcarían as directrices a seguir na súa carreira profesional.
Aqueles claroscuros baixo a batuta gráfica de Corben, Ortiz e Auraleón entre moitos outros, e posteriormente con Jack Kirby, influenciarían na mente de Pedro Vera para as súas futuras creacións historietísticas en branco e negro.
A pasión polo cine que ten Pedro Vera entraría a lampreazos grazas a Bud Spencer e Terence Hill, homenaxeados moitas veces nos seus traballos. Tal é a pasión que asegura que lle gustan máis que os seus personaxes. “Para mí, son una religión y no acepto críticas, soy muy intransigente en este aspecto. Quien hable mal de Bud y Terence delante de mí, se arriesga a ser abofeteado públicamente”.
En 1993 recibe o premio o mellor guión no Concurso Murcia Joven e en 1994 gaña o Concurso de Cómic Ciudad de Cornellá. Foi fundador da revista murciana El Tío Saín, e colaborou tamén en publicacións como La Comictiva, Kovalsky Fly, Annabel Lee e Subterfuge.
En 1995 Pedro Vera foi nominado “Autor revelación” no Salón do Cómic de Barcelona. En 1996 volveu a gañar o Concurso Murcia Joven e comeza a publicar a súa serie Ortega y Pacheco no diario La Opinión de Murcia. Un ano despois colabora na revista Ruta 66 e continúa facendo historietas para El Tío Saín, creando o persoaxe Nick Platino. Os seus iconoclastas e buñuelianos cómics de bruto humor negro, aterran en 1998 na revista satírica El Jueves. Dende ese ano e tódalas semanas os seus fillos Ortega e Pacheco seguen coas súas hilarantes aventuras cheas de caspa, famosetes, sudor cañí, telebasura e unha estética truñesca cunha expresividade que moi poucos debuxantes consiguen realizar.
Ortega e Pacheco según Pedro Vera “Son excusas animadas que ejecutan mis más oscuros anhelos de justicia social. Un par de garrulos aficionados a perturbar la mansa balsa de aceite podrido en la que actualmente todos flotamos un poco. Espero que sigan despertando la risa y la simpatía durante mucho tiempo”. |