As dúas producións de Chantada Films “Amor Ansioso” de Sergio Pena e “Garabolis” de Alfredo Pardo continúan o seu camiño de proxeccións culturais en defensa do galego a través de traballos audiovisuais. Os dous filmes –nominados ós Premios Mestre Mateo 2010– xa foron proxectados na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela e agora serán proxectados na Libraría Endo da Coruña o Sábado 12 de Marzo ás 18:00 h. Os dous traballos contaron cunha subvención da Vicepresidencia Primeira Área de Cultura da Deputación de Lugo. |