Pedro Vera e "O Labirinto Ario" na Radio Galega en "Estamos en Crise"
Chantada | Luns 10/08/2009
O debuxante de cómics Pedro Vera e "O Labirinto Ario" fomos entrevistados no programa Estamos en crise da Radio Galega. Edu lavandeira é o responsable de tal tolemia radiofónica, é un magazine moi variopinto, cheo de bo humor e con entrevistas abraiantes.
"Pedro Vera"
Entrevista ao debuxante Pedro Vera que colaborou debuxando o cartel de "O Labirinto Ario"
"O Labirinto Ario"
Nesta entrevista contan as súas experiencias na rodaxe da curta a actriz Mela Casal, o dobre de Franco, Ramón Pérez e o director Alfredo Pardo.