Na nosa curta O LABIRINTO ARIO, recreamos o derradeiro día de Hitler xunto a Eva Braun. O líder nazi mételle un tiro na testa a unha Eva narcotizada e Hitler toma cianuro nunha pequena dose que non é suficiente para acabar coa súa vida. Ademais aventurámonos a predicir que non se suicidou disparándose na cabeza, tal como sempre figurou na versión oficial.
Tras escapar nun submarino atómico instálase en Galiza, baixo o auspicio do Xeneralísimo Franco, e morre en 1946, sendo soterrado en Nogueira -Lugo-. Continuarán a labor do xerarca nazi os seus dous lugartenentes, o doutor Manfred e Helmuth, que con axuda de Dona Margarita, marquesa de Tor, intentarán o rexurdir do IV Reich.
Isto último xa é imaxinación cinematográfica, pero o certo é que o cranio atribuído a Hitler é dunha muller, segundo últimas investigacións. As dúbidas da súa morte no búnker continúan.
Podedes ler o
artigo de "La Voz de Galicia"