O mellor autor de novela popular de España, D. Antonio Vera, coñecido polo pseudónimo de LOU CARRIGAN e mundialmente famoso polas súas novelas de diversos xéneros, fixo un enlace dende a súa páxina oficial con Chantada Films.
Esta unión internáutica reforza máis se cabe a boa relación de amizade e colaboración coa nosa Asociación. Xa que como adiantamos, LOU CARRIGAN fará o vindeiro guión cinematográfico do noso seguinte proxecto audiovisual.
|