| A realidade do abandono do rural. As aldeas condenadas ó purgatorio. Os tempos de desaparición crecente na nosa Galiza do interior, onde xa hai máis de 1.200 aldeas abandonadas e 700 onde vive só unha persoa, o filme AS ALMAS DO FENTAL logra penetrar na mente dun deses ermitáns do rural. Dirixida maxistralmente por David Vázquez, protagonizada por Fernando Morán e baixo o guión de Elena dos Santos, este filme será unha peza de culto, pola súa dirección, fotografía, interpretación e realidade metafórica. Mentres traballan na posprodución podedes ver o making off realizado por Jon González. |
|