|
|
|
|
|
 |
 |
| |
| “Me cago en mi vida”, o novo álbum de Pedro Vera |
| Chantada | Luns 10/08/2009 |
|
|
|
| Ampliar para ver a portada e a dedicatoria |
O ilustrador da revista El Jueves e responsábel do cartel de O LABIRINTO ARIO, o murciano PEDRO VERA, sacou a rúa as novas aventuras de ORTEGA Y PACHECO. Publicado dentro da Colección de El jueves e co título ME CAGO EN MI VIDA, onde os irmáns siameses de O Dioni, cóbrense novamente de gloria: o ourizo do Xénese atropelado por Bud Spencer, Terence Hill, os irmáns Macana e un tráiler, peidos con chisqueiro, chandaleiros masacrados, viaxes con porrón do tempo, mortes absurdas, alcohol, humillación de famosos, arrotos tridimensionais, mulleres en panos menores, Mazinger xitano, alieníxenas ninfómanas, violencia, breakdance e tonterías sen límite. ¿Qué máis se pode pedir?
Cómic máis que recomendábel dende Chantada Films.
|
| << voltar ó índice de novas |
|
|
|
|
|
|
|