 |
| |
 |
| Carta de apoio do Concello de Chantada |
|
|
Tras coñecer a nova de que a curta producida por Chantada Films é unha das candidatas —xunto a do director chantadino David Vázquez, As Almas do Fental— recibiuse unha gran mostra de apoio social e institucional.
O Concello de Chantada mostrou “a súa ledicia e satisfacción” porque estas dúas curtas “sexan candidatas a acadar o Premio Mestre Mateo que anualmente entrega a Academia Galega do Audiovisual”. Segundo aparece na felicitación oficial “Para o Concello é importante o recoñecemento destas actividades, xa que con elas tamén podemos darle a Chantada o pulo que precisa para continuar co seu despegue” sinalando que “dende as institucións é vital dar o apoio a estes dous traballos e aos seus creadores para que continúen a demostrar a súa madurez, profesionalidade e bo facer ao mesmo tempo que desexamos que acaden tan merecido premio”.
Asemade, a iniciativa da xerencia da Rede Museística de Lugo, abriu en facebook a páxina APOIO O LABIRINTO ARIO NOS PREMIOS MESTRE MATEO, onde tódalas persoas que queiran poden entrar para apoiar esta candidatura.
A Rede Museística de Lugo, co apoio de Vicepresidencia 1ª Área de Cultura, está a preparar unha gran Festa de Apoio a curta de Chantada Films, que se celebrará no Museo Pazo de Tor, Museo Etnográfico Fortaleza San Paio de Narla e no Museo Mar San Ciprián de Cervo. |
| |
| |
| |
|
|