Foto adicada de Paul Naschy |
|
A mediados dos anos 90 Paul Naschy –Jacinto Molina– atendeu a miña chamada. No 96 estaba rodando a película LICANTROPO de Francisco Rodríguez Gordillo. Entrei temoroso no xigantesco portal, subindo as antigas escaleiras non sabía ben o que me ia atopar. Quizais abriría a porta Drácula, a Momia ou a Waldemar Daninsky.
Pero non, diante tiña a un dos mellores actores do fantaterror español, que iniciou a súa carreira no ano 1968. Estivemos falando máis de catro horas no seu despacho. Foi unha conversa sincera, amable e en ocasións moi confidencial. Paul Naschy dicía o que pensaba con tódalas consecuencias, as súas verbas resoaban nas catro paredes pousadamente, repasando os seus inicios no cinema, os seus filmes malditos e os futuros proxectos.
Despois o seu fillo sacounos varias fotos que gardo con gran agarimo. Jacinto Molina marchou, pero Paul Naschy esta xa na inmortalidade dos mitos cinematográficos. |
| |
|
| |
| |