Javier Sierra (Teruel, 1971) foi un dos fundadores das revistas de difusión internacional Año Cero e director de Más Allá de la Ciencia. Hoxe é un dos autores máis destacados do novo panorama literario e xornalístico do estado español.
Dende a súa primeira incursión na narrativa coa “La Dama Azul” (1998), empezou a utilizar a literatura como vehículo para resolver algún dos grandes misterios do pasado.
Seguiron novas “novelas de investigación” como“Las puertas templarias” (2000), “El secreto egipcio de Napoleón” (2002) ou “La Cena Secreta” (2004) editada en 40 países é un dos maiores éxitos internacionais da literatura española, da cal están interesados produtores de Hollywood para converter o libro nunha longametraxe.
Javier Sierra é tamén un apaixonado do “Caso da man cortada” reflectida no filme “O Labirinto Ario” que tivo ocasión de ver e enviar a Chantada Films un agradecemento manuscrito.
Desexámoslle a Javier Sierra tódolos éxitos editoriais e profesionais, para ún dos mellores investigadores da parapsicoloxía mundial.