Baixo unha idea orixinal da organización do Castañazo Rock, Chantada Films roda o spot oficial da súa sétima edición. Rodado nas rúas de Chantada en dúas horas, un piloto dunha avioneta publicitaria suca os ceos e as rúas da Vila para anunciar ó evento. A incredulidade dos veciños faise patente con este kamikaze piloto e o seu axudante.
O Castañazo Rock é un dos festivais musicais máis punteiros de Galiza. Abandeirado do movemento bravú, proseguen coa labor da revitalización e continuación musical que comezou alá por inicios da década dos 90.
FICHA TÉCNICA
IDEA ORIXINAL: Castanhazo Rock
PRODUCIÓN: Chantada Films
DIRECTOR: Alfredo Pardo
DIRECTOR FOTOGRAFÍA: Luís García
AXUDANTE DIRECCIÓN: David Pardo
ATREZZO: Chantada Films / Castanhazo Rock
MONTAXE / FX: Jongo Studio
MÚSICA: Os Diplomáticos
FICHA ARTÍSTICA
PILOTO: Isaac Viana
CO-PILOTO: Ibán Gómez
E TÓDOLOS VECIÑ@S DE CHANTADA QUE COLABORARON COMO EXTRAS PARA A RODAXE DESTE SPOT.
Ver Spot »
www.castanhazo.com |