|
|
|
|
|
 |
 |
| |
TEMPUS FUGIT, de Ana B. Diz e Andreia Táboas,
premio á Mellor Curta Made in Galicia |
| Chantada | Venres 28/08/2009 |
|
Ana Belén Diz, xunto a súa compañeira Andreia Táboas, asinan ó proxecto audiovisual TEMPUS FUGIT, galardoado coma Mellor Curta Made in Galicia no Festival de Cine Centrifugado e Canalla de Sada 2009.
A curta foi seleccionada entre 127 traballos recibidos, para esta edición, procedentes incluso de catro países diferentes. Un novo éxito profesional da guionista de O LABIRINTO ARIO e colaboradora de Chantada Films.
Pero aínda hai máis. Xoán Mariño, responsábel de Mr. Misto Films e organizador do Festival OFestivalON 09 de Ribadeo, convidou a Ana B. Diz e Andreia Táboas a participaren na sección A Toda Mecha, onde presentaron a curta PLACEBO. Proxectada ó aire libre no Cantón de Ribadeo.
Entre outros traballos audiovisuais, Ana B. Diz e Andreia Táboas, realizaron varios videoclips musicais, sabendo sacar o mellor das letras e música desta nova corrente de grupos, transformando en imaxes a esencia dos mesmos. DAGA DE DOS PUNTAS e BALDOSA AMARILLA, elixiron a estas profesionais para os seus videoclips. Que os disfrutedes.
Vídeos
- DAGA DE DOS PUNTAS - "Qué más da"
- BALDOSA AMARILLA - "Laberinto"
Os nosos parabéns a estas dúas compañeiras do audiovisual galego.
|
| << voltar ó índice de novas |
|
|
|
|
|
|
|