|
|
|
|
|
|
 |
 |
| |
| • LOU CARRIGAN |
 |
|
En exclusiva imos presentarvos o noso vindeiro proxecto audiovisual.
Un dos mellores escritores de novela popular, D. Antonio Vera Ramírez (Barcelona, 1934), que deixou o seu traballo nun banco para escribir novelas de aventuras co seudónimo de LOU CARRIGAN, colaborará con Chantada Films e será o encargado de escribirnos un relato de terror e o seu guión cinematográfico.
D. Antonio Vera comezou a publicar nas máis prestixiosas editoriais da época: Rollán, Bruguera, Manhattan, Petronio, Producciones Editoriales, Ceres, logo en Ediciones B, e ultimamente en Ediciones Vosa e Editorial Salvat, xa en outra liña.
Na súa longuísima traxectoria profesional –que conta con máis de MIL OBRAS PUBLICADAS- LOU CARRIGAN pronto se fixo famoso en todo o continente americano –máis de 2.500 edicións- e en España –máis de 3.500 edicións-.
LOU CARRIGAN colaborou, sempre con éxito e altamente valorado e apreciado, en 121 coleccións de novelas de aventuras de tódolos xéneros publicados polas mellores editoriais de España e en 60 coleccións de todo tipo no estranxeiro. A destacar: F.B.I., Servicio Secreto, Punto Rojo, Gangsters!, Bisonte, La Conquista del Espacio, Búfalo, Rurales de Texas, Patrulla de Combate, Selección Terror, Kiai!, Doble Juego, La Huella, Oeste Legendario, Bravo Oeste e Leyendas del Oeste. Tamén en Orgullo Mexicano e Texas, publicadas por Ediciones B para a súa venda directa en México.
 Retrato de Lou Carrigan aos 30 anos realizado por Manuel Prieto Muriana |
|
Así pois dentro dos lectores dos Bolsilibros e coa evolución dos mesmos, LOU CARRIGAN foi requirido para iniciar e consolidar coleccións con novos formatos como as series Murder Club, Fiction Club, Los Intocables, Western Club, Escalofrío, Dodge, Oeste, S.O.S., Misterio, onde foi colaborador básico imprescindible e moi solicitado.
Da extensa produción de LOU CARRIGAN, cabe destacar a serie de gran éxito editorial protagonizada pola espectacular, simpática e mortífera espía Brigitte Baby Montfort que arrasou no mercado Brasileiro. Sendo tamén publicado en España, Portugal, Italia e Holanda.
LOU CARRIGAN escribiu tamén unha considerable cantidade de relatos para España, e guións para cómics directamente para Francia –ilustrados polo seu amigo e gran debuxante Luis Montañá-, de entre os que cabe destacar a súa creación dos personaxes Bwana e Thunderman. E para Alemaña moi especialmente numerosos capítulos do personaxe He Man, da serie Masters do Universo.
 Lou Carrigan na actualidade |
|
LOU CARRIGAN NO CINEMA Seis novelas de LOU CARRIGAN foron levadas ó cine.
• NO IMPORTA MORIR (Leon Klimovsky) Bélico
• LA BANDA DE LOS TRES CRISANTEMOS (Ignacio F. Iquino) Gánsters
• VEINTE PASOS PARA LA MUERTE (Manuel Esteba Gallego) Oeste
• LA DILIGENCIA DE LOS CONDENADOS (John Wood) Oeste
• LOS BUITRES CAVARÁN TU FOSA (John Wood) Oeste
• UN COLT POR CUATRO CIRIOS (Steve McCohy) Oeste
LOU CARRIGAN NA TELEVISIÓN Tamén escribiu guións para televisión, onde gañou dúas veces consecutivas o Premio Permanente de Guións para o espazo Estudo 3, que foron emitidos no seu día por TVE.
• LA MUÑECA VIEJA Y FEA (Domingo Almendros)
• UN TELEVISOR PARA LA ABUELA (Juan Guerrero Zamora)
ESCORZO DUNHA ENTREVISTA
- Cal é o seu nome?
- “Antonio Vera Ramírez. Pero como decía el filósofo chino, no sé si soy Antonio Vera soñando que soy Lou Carrigan o si soy Lou Carrigan soñando que soy Antonio Vera”.
© Lou Carrigan
ENLACE AO BLOG E PÁXINA OFICIAL
Para saber todo sobre Lou Carrigan e comprar as súas obras visita o seu blog.
www.loucarrigan.com
|
| |
| |
| • PULP 70' |
 |
|
Das escuras mentes pensantes da Editorial Vilmar sae de imprenta en 1972 o cómic PÁNICO –Relatos de terror para adultos–. Todo un clásico e caótico caderno pulp de historietas en branco e negro, que aparece á venda nos quioscos a 25 pesetas no formato folio e 12 pesetas no tamaño pequeno.
A arte bizarra de PÁNICO consistía en apropiarse sen tapadeiras, de relatos gráficos de outras revistas da época, coma Vampus ou Rufus, e incluso nun acto de delirio editorial repetir historietas na mesma publicación. O psicotrónico formato pequeno, é totalmente inclasificable, xa que omite números, repite portadas e os guionistas e debuxantes están esvaecidos no esperpento do esquecemento.
PÁNICO aglutinaba os elementos fantásticos como xerador do medo, monstros e terror irracional dunha orixe inexplicable. A maioría dos seus relatos son dunha grande calidade artística e gráfica, e así superou ó centenar de exemplares.
O reto de CHANTADA FILMS é transformar o pulp PÁNICO de celulosa á celuloide. Adaptaremos unha ou varias historietas nunha curtametraxe. Será a primeira vez en Galiza que se fai unha adaptación dun relato gráfico deste terrorífico tebeo.
Esta novidosa idea, a cabalo entre o cinema de experimentación e as vangardas audiovisuais máis rural underground, será reforzada coa orixinalidade que consistirá en filmar plano a plano a exactitude da historieta, utilizando nos efectos especiais un sofisticado programa en 3D e mesturado todo con actores reais. |
|
|
|
|
|
|
|