|
|
|
|
|
 |
 |
| |
| |
 |
Selo de Calidade e Orixinalidade coa Certificación denominación de ORIXE RURAL UNDERGROUND
O cinema RURAL UNDERGROUND é un método expresivo de revolución estética vangardista, inventando e experimentando atrevidos recursos fílmicos. Utilizando para elo mecanismos narrativos para construir unha realidade alternativa que, apelando as emocións, consiga lavar as mentes e dobrar as voluntades.
Curtas autóctonas saciadas na sombría e de inconscente dixestión da paisaxe percibida. Unha retrospectiva dun só bloque, cun determinismo artificial elexido para disfrazar o teu pensamento, para movilizar á opinión e intentar contribuir a crear unha contrarealidade.
Neste campo perceptivo, de falsificación voluntaria da realidade, transformamos os recordos a nosa realidade cotidiá e ilustramos os recordos cunha ensoñación intrínseca do relato filmado.
Os puntos principais deste caleidoscopio RURAL UNDERGROUND son os seguintes:
| |
|
| |
• Defender a nosa lingua. O galego.
• Exercer de embaixadores ó promocionar e impulsar nas curtas a nosa Comarca e Vila Histórica.
• Reflectir nos filmes os núcleos tradicionais.
• Aproveitar os valores paisaxísticos do noso Patrimonio Cultural.
• Potenciar a Cultura Popular e as nosas tradicións.
• Experimentar cos recursos rurais as novas vangardas audiovisuais.
• Falar de produción e fomentar a participación dos veciños de zonas rurais no cinema. |
|
|
|
|
|
|
|
|